En Galegas - Yolanda Castaño




Hoxe tivemos a inmensa sorte de contar coa visita de Yolanda Castaño no noso programa de radio “La rotonda en las ondas” e tamén como primeira dunha serie de mulleres que imos entrevistar no noso proxecto “En galegas”.
Deixou abraiados e encantados tanto aos alumnos da ESO como aos nosos pequenos xornalistas e asinou un exemplar de Coller as rendas da nosa biblioteca.
Pronto poderedes escoitar a entrevista. Quen será a próxima?...Grazas Yolanda!