Convocatoria Becas Comedor


 Dende a FAPA recibimos este comunicado que pode ser do voso interese:

[inicio email]

Bos días. 

Para a vosa información e as vosas familias, informarvos que o pasado día 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedorpara o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, do termo municipal da Coruñae conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

Toda a información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

* BOP: Boletín Oficial de la Provincia.

* Sede electrónica concello de A Coruña: Sede electrónica.
* Páxina web servizos sociais: información web servizos sociais.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Un saúdo. 

[fin email]